15

Feb

Presentación de “Outra volta de rodicio”

19.30 h

O xoves 15 de febreiro, ás 19.30 h, preséntase no noso local o poemario Outra volta de rodicio, de Ricardo Seixo.

Outra volta de rodicio“Atrás deixei corenta anos de traballo e loita no Ensino Público, para agora ver de axudar a mudar o modelo de sociedade que padecemos, convencido de que só desde o posicionamento e a loita colectivos imos ser quen de crecer como sociedade.

Este poemario, Outra volta de rodicio, non é máis que outro paso que pretendo dar no camiño de acadar o obxectivo de dignificar a nosa LINGUA e a nosa CULTURA, como xeito de nos dignificar a nós mesmos.

Chega este poemario nun momento no que as grandes empresas enerxéticas –coa necesaria colaboración de quen goberna– entenden, unha outra vez, que poden seguir a privatizar o patrimonio colectivo en beneficio propio. É por isto que, poéticamente, reclamo sexamos quen de facer que un rodicio colectivo siga a virar para vermos de facer fariña daqueles que queren seguir a nos roubar o pan.”

Neste acto, ademais de Ricardo Seixo, estarán Moncho Branco, autor do limiar do libro, e o ilustrador Abraham Vila, ademais do Colectivo “Gosto de vivir a poesía” e o Grupo Maraxe

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies