11

Xul

Presentación de “Ouveos Fractais”

19.30 h

Ouveos FractausO xoves 11 de xullo, ás 19.30 h, presentaremos o poemario Ouveos Fractais de Patricia Torrado.

Esta publicación é un ouveo coral de todas esas mulleres silenciadas ao longo da historia e de tantas historias, algo do particular ao xeral que busca incomodar á lectora para facela reflexionar para mudar algo dentro dela.

É un libro no que colaboran artistas como Diana Fajardo, Emma Pedreira, Adolfina Mesa, Andrea Fernández, Viki Rivadulla e Paola García Paz, no que se conxugan fotografías, colaxes e pinturas para facer deste poemario un galano visual e literario. Amais diso o 10% das vendas vai para a UNRWA.

Patricia Torrado Queiruga é licenciada en Filosofía, museóloga, experta en conservación e restauración do patrimonio e xestora cultural. Namorouse da poesía con 11 anos e ata agora.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies