19.00 h

Presentación de “O mar dos papeis”

O venres 15 de decembro, ás 19 horas, Federico A. Rioboo presentará no noso local o seu libro O mar dos papeis. A obra cuestiona quen é máis home, o que queda a cuidar da familia o quen marcha loitar por un país que non está en guerra? Pais e país, aí está a cuestión, …

19.30 h

A Coruña e o cinema 4. Sinais de serenidade

O xoves 14 de decembro ás 19.30h, Martin Pawley falaranos da Coruña e o cinema 4. Sinais de serenidade. No tránsito do século XX ao XXI cambiou por completo a exhibición cinematográfica: dixemos adeus ás salas tradicionais en favor dos multicines asociados a centros comerciais, mais o incremento do número de pantallas non favoreceu unha …

19.30 h

Grandes obras do Barroco galego en Compostela

O mércores 13 de decembro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo As Artes no Barroco, Ramón Yzquierdo Perrín falaranos das Grandes obras do Barroco galego en Compostela. O profesor Yzquierdo Perrín explicará a través de tres monumentos singulares o barroco da segunda metade do século XVII e primeira metade do século XVIII. Ramón José …

19.30 h

Claroscuros do barroco musical en Galiza

O luns 11 de decembro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo As artes do Barroco, Andrés Díaz Pazos falaranos de Claroscuros do barroco musical en Galiza. A visión sobre a música en Galiza durante o período barroco ten pasado por fases contrapostas. Nun primeiro momento, en comparación coa riqueza e exuberancia da arquitectura, chegouse …

19.00 h

Reflexións sobre a violencia sexual

O venres 1 de decembro, ás 19.00 h, Ana López-Suevos ofreceranos unha palestra baixo o título de Reflexións sobre a violencia sexual. Nela abordará, desde o punto de vista da xustiza, a Lei orgánica 10/2022 de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual. Reflexionará o redor de cuestións como a necesidade de modificación …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies