19.00 h

Convocatoria para cantar “Grândola, Vila Morena”

Grândola, Vila Morena Terra da fraternidade O povo é quem mais ordena O xoves 25 de abril, ás 19 horas, xuntarémonos no Obelisco para cantar xuntas Grândola, Vila Morena, no día do 50 aniversario da Revolución portuguesa. Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade …

12.00 h

Inauguración da exposición “Abril é máis futuro”

O Partido Comunista Português trae a Galiza a exposición arredor do 50 aniversario da Revoluçao dos Cravos, Abril é máis futuro. A exposición consta de dez paneis nos que se recolle o panorama histórico da resistencia, da Revolución e da contra-revolución. Unha mostra que sirve para afirmar a permanencia da loita nos valores de Abril. …

19.30 h

Presentación de “Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus”

O xoves 18 de abril, ás 19.30 h, presentaremos no noso local o libro editado por Laiovento Eles libres e iguais, elas obedientes pola graza de Deus, de Isabel Rodríguez Mate. Neste ensaio analízase a repercusión da perpetuación dos valores morais da Igrexa católica na discriminación das mulleres durante o proceso de construción do sistema …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies