11.30 h

Roteiro ornitolóxico

O sábado 30 de setembro, ás 11.30 h, faremos un roteiro ornitolóxico guiados por Cosme Damián Romay, biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat. Aproximarémonos á diversidade de especies de aves que existen nos parques urbanos da Coruña, nun momento especialmente interesante por atoparnos en plena migración outonal de moitas especies. Iremos desde o parque …

19.30 h

O Galeuzca e o recoñecemento de Galiza nación en 1933

Organizado por Vía Galega, a plataforma da que ACAB fai parte, o xoves 28 de setembro, ás 19.30 h, acollemos o encontro co profesor Xosé Estévez que desenvolverá nesta palestra a traxectoria dos pactos trinacionais entre os nacionalismos de Galiza, Euskal Herria e Catalunya dende o primeiro, a tripla alianza de 1923 deica o Galeuzca …

19.30 h

Presentación dos libros premios SELIC

O mércores 27 de setembro, ás 19.30 h, acolleremos a presentación dos Premios Selic 2022, unha presentación dobre: Faise o escuro de Carme Varela e Areanegra na Casa Encantada de Puri Cabido. FAISE O ESCURO Neste texto teatral de Carme Varela, case nunca as cousas son o que parecen. As persoas tampouco. Unha inocente cea …

19.30 h

Introdución ao conflito do Sahara Occidental

O luns 25 de setembro, ás 19.30 h, teremos connosco a Baba Mohamed Lamin Ali, quen nos falará do conflito do Sahara Occidental. Neste encontro falaremos sobre o proceso histórico que sucedeu no Sahara Occidental desde antes da chegada española ao territorio ata a actualidade. Falarase tamén sobre a realidade social tanto nos campamentos como …

18.00 h

Roteiro Ler a Cidade: A rúa de Santo André

O sábado 23 de setembro, ás 18 horas, realizaremos o roteiro Ler a Cidade: A rúa de Santo André.  Guiaranos neste roteiro o arquitecto Xosé Lois Martínez. Contaremos tamén con Carmela Galego, Patricia Angulo, Iván Méndez e Ana Romero. Podemos considerar a cidade como un texto e a quen por ela se despraza, é dicir …

19.00 h

Inauguración da exposición “Díaz Ferrer, un artista valdeorrés universal”

O venres, día 22 de setembro, ás 19.00 h, inauguramos unha nova exposición pictórica: Díaz Ferrer, un artista valdeorrés universal. Nado no Barco de Valdeorras en 1922, Xesús Díaz Ferrer desenvolveu unha fecunda e prolífica actividade creadora. Utilizou e dominou múltiples técnicas e materiais: pintura, escultura, relevo, colaxe, gravado, cerámica… Posúe tamén unha enorme variedade …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies