19.30 h

Presentación de “A Pioneira” de Héctor Pena

O luns 9 de outubro ás 19.30 h preséntase no noso local A Pioneira de Héctor Pena. De Ester din que é unha “marimacho”. Tamén lle chaman “muller hombruna”. E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade. Talvez é moito pedir …

11.30 h

Visita guiada ao Castro de Elviña

O sábado 7 de outubro, ás 11.30 h faremos unha visita guiada, por Marco Antonio Rivas Nodar, ao castro de Elviña. Este xacemento está localizado na parroquia de San Vicenzo de Elviña, próximo ao actual Campus de Elviña da Universidade da Coruña. É un castro pertencente á coñecida como cultura castrexa. Ten unha superficie de …

18.00 h

Para avanzarmos na calidade do idioma. Curso de lingua.

Os venres 6, 13, 20 e 27 de outubro, de 18 a 20.30 horas, teremos unha nova edición do curso de galego, Para avanzarmos na calidade do idioma, impartido por Xosé Manuel Sánchez Rei. O curso está pensado para aquelas persoas que, empregando o galego de forma habitual, desexan mellorar as propias destrezas orais e …

19.30 h

A Coruña e o cinema. Mudar de Vida

O xoves, día 5 de outubro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Outras historias do Cinema, Martin Pawley ofrécenos a palestra A Coruña e o Cinema: Mudar de Vida. A chegada do son supuxo unha transformación radical na creación e exhibición de cinema en todo o mundo. O éxito dos filmes falados (e ao …

19.30 h

Presentación de “A transición en Galiza”

O mércores, día 4 de outubro, ás 19.30 h, presentaremos no noso local o libro A transición en Galiza. Coordinado por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, o libro A Transición en Galiza é unha obra promovida desde a Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña que reúne catorce traballos, asinados por catorce investigadores e investigadoras de …

19.30 h

Reivindicando o acceso á beleza: Museo Carlos Maside

O luns, día 2 de outubro, ás 19.30 h, organizamos unha palestra: Reivindicando o acceso á beleza.  Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, con Mercedes Queixas, deputada do Bloque Nacionalista Galega, Carmela Galego, historiadora da arte, e Manuel Pérez Lorenzo presidente da AC Irmáns Suárez Picallo de Sada. Falarannos da situación actual do  Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside e …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies