18.00 h

Roteiro Ler a Cidade: A rúa de Santo André

O sábado 23 de setembro, ás 18 horas, realizaremos o roteiro Ler a Cidade: A rúa de Santo André.  Guiaranos neste roteiro o arquitecto Xosé Lois Martínez. Contaremos tamén con Carmela Galego, Patricia Angulo, Iván Méndez e Ana Romero. Podemos considerar a cidade como un texto e a quen por ela se despraza, é dicir …

19.00 h

Inauguración da exposición “Díaz Ferrer, un artista valdeorrés universal”

O venres, día 22 de setembro, ás 19.00 h, inauguramos unha nova exposición pictórica: Díaz Ferrer, un artista valdeorrés universal. Nado no Barco de Valdeorras en 1922, Xesús Díaz Ferrer desenvolveu unha fecunda e prolífica actividade creadora. Utilizou e dominou múltiples técnicas e materiais: pintura, escultura, relevo, colaxe, gravado, cerámica… Posúe tamén unha enorme variedade …

19.30 h

Presentación do informe sobre Racismo e Xenofobia, de SOS Racismo Galicia

O vindeiro xoves día 21 de setembro, ás 19.30 h, as compañeiras de SOS Racismo Galicia presentarán no noso local o informe sobre Racismo e Xenofobia na Coruña 2022.   Ao longo do pasado ano 2022 rexistramos novamente na Oficina de Información e Denuncias (OID) de SOS Racismo Galicia unha serie de vulneracións contra persoas …

19.30 h

A revista Alfar

O mércores 20 de setembro, ás 19.30 h, Xosé Luís Axeitos ofreceranos unha palestra sobre a revista Alfar. Hai xustamente cen anos nacía na Coruña a revista Alfar. Continuadora da Revista de Casa América-Galicia, comezou no número 32, en setembro de 1923 da man do cónsul de Uruguai na Coruña Julio José Casal, poeta e crítico, …

09.45 h

Congreso “Recoñecemento internacional de Galiza nación” – Vía Galega

O 16 de setembro, deste ano, cúmprense 90 anos da participación e admisión de Galiza no IX Congreso de Nacionalidades Europeas. Un fito transcendente, xa que significou o recoñecemento da condición nacional de Galiza por parte dun órgano internacional desta relevancia. Para conmemorar este feito importante da nosa historia, Vía Galega ten previsto, xunto con outras actividades e publicacións, realizar …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies