19.30 h

Revista Atlántida. Lugrís e Tudela

O mércores 21 de xuño, ás 19.30 h, falaremos da Revista Atlántida, Lugrís e Tudela, con Olivia Rodríguez. Esta revista colectiva e interartística, galega e universal, recolle o clima ambiguo, pero de fonda resistencia, dunha época escura. Urbano Lugrís dirixe o contido artístico e Mariano Tudela, o literario. Falarase de por que, como e en …

19.30 h

O Maroutallo: desexo, mímese e disforia nunha obra de Otero Pedrayo

O xoves 22 de xuño, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Aula Aberta que facemos en colaboración coa UDC, Serxio Couso ofreceranos unha palestra baixo o título O Maroutallo: desexo, mímese e disforia nunha obra de Otero Pedrayo. Na palestra realizarase unha lectura en chave de xénero da última obra narrativa publicada en vida …

19.00 h

Xabier P. Docampo canda nós

O luns 26 de xuño, ás 19 h xuntarémonos no noso local para falar de Xabier P. Docampo canda nós, con María Canosa, Chus Fernández, Xavier Penín e Martin Pawley. Unidas polas palabras, agunhas das amizades de Xabier Puente DoCampo lembrarán as súas creacións e poñerán de relevo a rica personalidade dun home de pensamento …

19.30 h

40 anos da Lei de Normalización Lingüística

O 15 de xuño cúmprense 40 anos da aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística de Galiza, unha lei destruída polo Tribunal Constitucional e aplicada de forma moi deficiente pola maioría dos gobernos da Xunta. O venres 16 de xuño a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto para …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies