O martes 28 de xuño, ás 19 horas, inauguramos no noso local da rúa Olmos, a exposición A cidade da Coruña, wrapped, de Violeta Chouciño Veiga. Son unha serie de fotografías, feitas en agosto de 2021, e que representan un lixeiro guiño aos artistas Christo e Jean-Claude, pois céntrase nas numerosas fachadas que algunha vez …
O venres 17 de xuño, ás 19 horas, presentamos o libro de Xerais Os anos do silencio, de Xosé Álvarez Castro. Con Os anos do silencio amplía tanto espacial como temporalmente a investigación iniciada na obra anterior Pontevedra nos anos do medo da que está practicamente esgotada a 2ª edición. O libro analiza as características que tiveron a represión …
O mércores 15 de xuño, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Soños no limiar, de Fatema Mernissi, publicado por Edicións Laiovento. Soños no limiar foi a única novela de Fatema Mernissi. A autora narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén de Fez nos anos corenta do século XX. A …
O xoves 9 de xuño, ás 19.30 h, coñeceremos o proxecto LarLilás, un proxecto de cohousing senior participativo para outra vellez, presentado por Nieves Rodríguez Brisaboa. LarLilás é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que …
O venres 10 de xuño, ás 19 horas, Nuria Richer, coordinadora do grupo Muller e Astronomía da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, falaranos do proxecto que están a levar a cabo co fin de incluír no rueiro municipal da Coruña unha rúa co nome da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha …
O luns 13 de xuño, ás 19.30 horas, e dentro do ciclo Pensando o futuro, Manuel Rivas ofreceranos unha palestra baixo o título Saudade do porvir. En tempos de emerxencia, unha excitación creativa fronte a excitación destrutiva do hipercapitalismo e o pensamento bruto. Unha sociedade ecolóxica, que fronte ao desbalde e extinción desenvolva unha nova abundancia …