Alba de Gloria no cumio do Pico Sacro 2019

Este 20 de xullo de 2019 celebrarase unha nova subida ao cumio do Pico Sacro 2019 para a lectura anual do Alba de Gloria organizado pola Asociación O Galo e a Asociación veciñal do Agra do Orzán sendo convidada na organización a nosa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Procurarase fretar un bus dende A Coruña se …

20.00 h

Cinema feminista, con Martin Pawley

O luns 8 de xullo, ás  20 horas, no noso local, Martin Pawley ofrécenos unha sesión de cinema feminista. Se ben ao longo da historia o oficio de director foi maioritariamente masculino, desde o inicio do cinema houbo mulleres que se puxeron con éxito detrás das cámaras. E en moitos casos, ademais, fixeron da súa …

20.00 h

Presentación de “Revolución Detrito”, de Xosé de Cea

O xoves 4 de xullo, ás 20 horas, no noso local, Xosé de Cea presenta o seu libro Revolución Detrito, editado por Xerais, e que foi finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. Ticho é un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a …

20.00 h

Presentación da edición crítica de «En las orillas del Sar»

O luns 1 de xullo ás 20 h no noso local, presentarase a edición crítica de Anxo Angueira da obra de Rosalía de Castro de En las orillas del Sar. En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro e Anxo Angueira, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En …

20.00 h

Presentación de “Caída”, de Suso Bahamonde

Tiveron que aliñarse de novo as estrelas na noite de Suso, o seu hábitat natural, para que a verdade descarnada poidera ser exposta á predicible sensibilidade dos lectores sen provocar unha desfeita emocional, chegou entón, Caída, este poemario que nos ocupa e que tan ben describe Xaime Trillo nun exquisito limiar onde di, sen ningún …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies