19.30 h

Presentación de “Manar”, de Lino Braxe

O mércores 15 de marzo, ás 19.30 h, presentamos no noso local Manar, de Lino Braxe. O libro que presentamos quere render homenaxe ao dramaturgo Lino Braxe recuperando para a súa edición e representación o monólogo dramático Manar, sonoro nome dunha muller árabe que nos invita a penetrar na súa situación de exilio nun campo …

19.00 h

Inauguración da exposición “Retallos de Papel”

O venres 17 de marzo, ás 19 h, inauguramos no noso local a exposición de colaxes feitas a man Retallos de Papel de Mariaxe Colaxe.  O seudónimo Mariaxe Colaxe esconde á actriz galega Chus Álvarez e a súa faceta como colaxista. Comezou en 2021 a mostrar as súas obras en Instagram, e a arte plástica …

19.30 h

Arte na Coruña baixo medieval

O luns 13 de marzo, ás 19.30 h, teremos connosco a María Dolores Barral Rivadulla, profesora titular de Historia da Arte na USC, para falarnos da Arte na Coruña baixo medieval. Comezamos con esta palestra un ciclo baixo o título O Románico: Galiza na vangarda. Serán catro palestras e unha saída para visitar algunhas mostras …

16.00 h

Feminismos, traballo e vida. Voces para un futuro, con dignidade e dereitos

O venres, día 10 de marzo acollemos no noso local da rúa Santo André, 36, 1º,  a actividade organizada pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña, Feminismos, traballo e vida. Voces para un futuro, con dignidade e dereitos. O evento vai desenvolverse segundo este programa: 16.00 h: Benvida institucional. 16.30 h: Voces sobre o …

19.30 h

Eólicos no mar. Impacto sobre o sector da pesca

O martes 7 de marzo, ás 19.30 h, teremos con nós a Torcuato Teixeira, representante do Consello Galego de Pesca no Observatorio da Eólica Marina para falar do impacto que sobre o sector da pesca van ter os parques eólicos mariños que queren colocar fronte as nosas costas. A súa intervención xirará sobre salientar o …

19.30 h

Proxección de “Onde máis doe”

O luns 6 de marzo, ás 19.30 h, proxectamos no noso local o filme da cineasta Manane Rodríguez, Onde máis doe, un documental sobre a violencia vicaria. Manane Rodríguez analiza neste filme o caso do asasinato dun neno en Oza, un feito espantoso de violencia vicaria que o pai cometeu para vingarse da nai, facéndoo, …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies