Vía Galega, a plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza da que facemos parte, realizará o sábado 19 de novembro, ás 11.30 h, unha campaña expansiva para izar bandeiras galegas por todo o país. Na Coruña farase no Paseo do Parrote, diante da muralla do Xardín de San Carlos. Coincidindo co 124 aniversario …
O mércores, 16 de novembro, ás 19.30 horas, Ernesto Is ofrécenos unha palestra baixo o título Mil vidas: María Casares e as pezas teatrais que marcaron unha carreira. Ernesto Is ofrecera un repaso por aqueles textos dramáticos de especial importancia na traxectoria profesional da actriz coruñesa, vencellándoos con momentos concretos da súa biografía persoal. Desde …
O mércores 23 de novembro, ás 19.30 h, Rosario Sarmiento ofreceranos unha palestra arredor de María Antonia Dans, a enerxía e fortaleza dunha creadora. Neste ano 2022 no que se cumpre o cen aniversario do nacemento de Mª Antonia Dans (Oza dos Rios, A Coruña, 1922- Madrid, 1988), reivindicar a unha creadora plástica da súa …
O xoves 10 de novembro, ás 19.30 h, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, falaranos da India hoxe: as viaxes da viaxe a través dunha proxección fotográfica. Que viaxe é posible hoxe a unha cultura tan complexa e tan lonxincua. Que papel xogou o colonialismo na India actual. A sociedade actual. O hinduismo. As relixións ateas …
O luns 14 de novembro, ás 19.30, e dentro do ciclo Pensando o Futuro, Óscar Pazos, ensaísta e xeólogo, ofrécenos unha palestra co título O sorbedoiro madrileño no horizonte de Galiza. Óscar Pazos falaranos, en primeiro lugar, das orixes do centralismo español e as súas consecuencias e herdanzas na constitución da nación española no século …
O xoves, 17 de novembro, ás 19.30 h, presentarase no noso local o caderno Símbolos nacionais de Galiza. O himno e a bandeira, escrito por Manuel Ferreiro e Xoán Costa e editado pola Plataforma Vía Galega. O himno e a bandeira son símbolos que nos representan e identifican como nación. Son expresión do ser colectivo …