30

Set

Presentación de “Palabra de patriotas”

20.00 h

Palabra de patriotasO luns 30 de setembro, ás 20 horas, presentamos no noso local o libro Palabra de patriotas, de Acega Edicións, do que é autor Salvador Soutullo Carolo. Trátase dunha compilación de entrevistas feitas a diferentes persoas que xogan ou xogaron un importante papel no nacionalismo galego. As conversas incluídas neste libro son a Ana Pontón, X. M. Beiras, Pilar García Negro, Pablo González Mariñas, Bautista Álvarez, Xesús Veiga Buxán, Suso Seixo, Camilo Nogueira, Antom Árias Curto, Antonio Oca Fernández, Carlos Mella, Francisco Rodríguez e Ana Miranda. Con este traballo, Salvador Soutullo pretende ofrecer unha visión conxunta sobre o pasado, presente e futuro do nacionalismo en Galiza.

Salvador Soutullo Carolo (Barcelona, 1965) é xornalista, cunha ampla experiencia en medios de comunicación cataláns e galegos. É coautor do libro A emigración galega na Unión Europea e autor de República Galega.

No acto estará presente, ademais do autor, Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora, ademais de ser unha das entrevistadas neste traballo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies