17

Dec

Palestra A Derradeira leición do mestre

20.00 h

A derradeira leición do mestreA Derradeira leición do mestre (Bos Aires, 1945) é a obra de Castelao que pode verse até o 3 de marzo na Cidade da Cultura formando parte da exposición Castelao maxistralA boa obra ao mestre honra é unha pintura que se inspira directamente na estampa do Álbum Galicia Mártir (Valencia, 1937) e representa, en primeiro lugar, a homenaxe directa de Castelao a Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de Xullo de 1936, mais tamén a obra eleva o seu martirio á categoría de máxima representación da memoria histórica feita desde a Galiza e para a Galiza.

Mais o cadro non ten un sentido fúnebre. Os dous nenos que acompañan o asasinado representan o futuro da nación e por iso dicimos que a Derradeira leición do mestre é unha obra de arte para nós, para o futuro da Galiza.

Para falar da obra, mais tamén para preparar unha visita no mes de xaneiro, facemos esta palestra con dúas das persoas que máis saben da obra de Castelao: un museólogo e crítico de arte, Felipe Senén, e a investigadora é profesora da UDC, Pilar García Negro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies