08

Abr

Palestra: Que simboloxía franquista habería que retirar na Coruña?

20.00 h

José Calvo SoteloO luns 8 de abril, ás 20 horas, celebraremos unha mesa redonda baixo o título Que simboloxía franquista habería que retirar na Coruña?

A permanencia da simboloxía franquista, once anos despois da aprobación da chamada Lei de Memoria Histórica, é unha proba de que temos unha democracia limitada e que despois de máis de corenta anos de democracia, aínda están impunes os crimes do franquismo, e é unha ofensa ás vítimas do franquismo.

Nos últimos anos déronse pasos importantes por parte de moitas institucións, que permite ter unha visión máis ampla sobre a simboloxía franquista que hai que retirar: nomes de rúas, retratos, distincións honoríficas, placas, monolitos, esculturas; que facer cos alcaldes da ditadura etc.

Participarán:

  • Uxío Breogán Diéguez Cequiel, historiador
  • Ana Romero Masiá, historiadora
  • Fernando Souto, Presidente da CRMH da Coruña
  • Manolo Monge, activista pola Memoria Histórica

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies