20

Nov

Presentación de “Pangalaica”, de Xurxo Souto

19.00 h

PRAZAS ESGOTADAS!

Xurxo SoutoO venres, 20 de novembro, ás 19 horas, Xurxo Souto presenta no noso local Pangalaica, recortes poderosos, publicado por Galaxia.

Son oitenta pequenos relatos ilustrados. As historias e as persoas marabillosas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galiza adiante. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural  e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade!

Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Músico e escritor, en 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas A Tropa da Tralla (Radio Coruña) ou Aberto por Reformas (Radio Galega). Escribiu dúas novelas e varios libros de relatos. Dirixiu a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo. Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e, agora, é un dos compoñentes da Banda Xangai.

Na presentación participará, además de Xurxo, César Morán.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies