15

Xul

Presentación de “Papagaio” de Luísa Villalta

19.30 h

PapagaioO vindeiro luns 15 de xullo sería o aniversario de Luísa Villalta (A Coruña, 15/7/1957-6/3/2004), a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024, e é o día escollido para a presentación de Papagaio, obra comprometida e feminista. Será no noso local, ás 19.30 h.

O Papagaio é o derradeiro libro escrito por Luísa Villalta en diálogo coas fotografías que Maribel Longueira tirou cando o abandono do barrio coruñés e o proceso de demolición. O resultado dese traballo de cómplice amizade, cunha primera edición esgotada hai anos, regresa agora, nunca fermosa edición, da man da editorial Kalandraka cun limiar de Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval.

Participarán na presentación Maribel Longueira, autora, Eva Veiga, prologuista, Manuela Rodríguez, editora, Cesar Morán, músico, e poetas que compartiron amizade con Luísa Villalta: Marica Campo, Francisco X. Fernández Naval, e Miguel Anxo Fernán-Vello.

Realizaremos esta presentación no salón do Circo de Artesáns polo que non é necesario inscribirse.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies