06

Out

Para avanzarmos na calidade do idioma. Curso de lingua.

18.00 h

Eu amo o galegoOs venres 6, 13, 20 e 27 de outubro, de 18 a 20.30 horas, teremos unha nova edición do curso de galego, Para avanzarmos na calidade do idioma, impartido por Xosé Manuel Sánchez Rei.

O curso está pensado para aquelas persoas que, empregando o galego de forma habitual, desexan mellorar as propias destrezas orais e escritas. Organízase en varios módulos (ortografía, fonética, morfosintaxe, léxico etc.) de forma a incidiren nos aspectos que identifican una praxe lingüística de calidade.

Xosé Manuel Sánchez Rei, é profesor na Facultade de Filoloxía da UDC e pertence ao grupo ILLA, Grupo de investigación Lingüística e Literaria Galega.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies