10

Xuñ

Ciclo Pensando o futuro: Para unha política radical hoxe. Con David Fernández

19.30 h

David FernándezO luns 10 de xuño, ás 19.30 h, continuaremos co ciclo Pensando o futuro, con David Fernández, que nos ofrecerá unha palestra baixo o título de Para unha política radical hoxe.

O ciclo Pensando o Futuro encara a súa recta final neste mes de xuño.

David Fernández Ramos (Barcelona, 1974) é xornalista, colaborador en medios de comunicación e ten participado en numerosos libros. A súa traxectoria política, como activista social, deputado (foi voceiro parlamentar da CUP entre 2012 e 2014) e agora como xornalista permítelle un prisma privilexiado e plural para trazar as liñas mestras dunha acción política desde a esquerda e o soberanismo hoxe, así como observar os temas máis relevantes dunha conxuntura marcada pola escalada bélica global e o auxe electoral da extrema dereita en todo o continente.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies