27

Mar

Parella de feito

20.00 h

Xabier P DoCampo na voz d@s amig@s

Docampo e Cobas no Reina SofíaUn ciclo para ir preparando a grande homenaxe que estamos argallando para o mércores 29 de maio no Teatro Rosalía. Ese será o día grande, mais queremos facer tres encontros para falar de vagar con dous amigos e unha amiga de Xabier, para falar del, do seu xeito de traballar, sempre cóbado con cóbado con outros creadores, da súa obra literaria, da súa afección pola maxia do cinema…

E comezamos o 27 de marzo ás 20 h con Xosé Cobas: PARELLA DE FEITO.

Xosé Cobas, pintor e ilustrador con multitude de premios:

  • Seleccionado para representar a España na BIENAL INTER-NACIONAL DE BRATISLAVA, anos 2003 e 2007.
  • Seleccionado para representar a España en ILLUSTRAZIONE E GRAFICA, Italia.
  • Seleccionado para representar a España no Congreso Iberoamericano de Ilustración en 2013 (Colombia).
  • Seleccionado para representar a España na Bienal Internacional de Bratislava, 2017.

Foi amigo persoal e ilustrador da meirande parte da obra de Xabier P DoCampo.

Como traballaron xuntos dous grandes da creación, Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas? Como foi o día a día diso que denominamos PARELLA DE FEITO na elaboración de tantos libros fermosos?

Conversaremos con Xosé Cobas sobre o traballo feito en común, como unidos polo lirismo e a imaxinación estes dous creadores, cun vínculo moi íntimo de forte amizade, e cheos de coñecementos e experiencias crearon para o noso goce memorables historias que nos convidan a gozar do pracer da lectura.

Web persoal de Xosé Cobas Gómez, ilustrador.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies