07

Feb

Presentación de “Partituras” de Mercedes Queixas e Xoán Carlos Domínguez

19.00 h

PartiturasO venres 7 de febreiro, ás 19 h, presentamos o poemario Partituras de Mercedes Queixas Zas e Xoán Carlos Domínguez Alberte con ilustracións de Baldo Ramos. O acto será presentado por Manolo Rivas.

Este libro contén un exercicio literario pouco frecuentado na literatura galega. A creación a dúas voces, entre senllos poetas, consciente e decidida dende un comezo. Unha escritura poética que, coma os latexos da vida, se foi construíndo devagar mais de forma incesante. De xeito que cada poema interpela e dialoga co seu próximo.

joc partit das vellas cantigas medievais cobra vida auténtica e dobra e expande o potencial da voz poética. Os textos entrelázanse, nunha estrutura cambiante e (ir)reversíbel.

A partir da sensibilidade individual –de creadora e creador, neste caso– os versos asumen a condición dun todo único e plural. O que fai que, pola súa vez, isto constitúa un marabilloso exercicio de reinterpretación, á vez singular e colectiva, da existencia.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies