23

Mai

Representación da obra de Luísa Villalta “O paseo das Esfinxes”

20.30 h

O paseo das esfinxesRepresentación da obra de Luísa Villalta O paseo das Esfinxes, un camiño na procura da vida e do mar arredor da obra.

Teatro poético, contemporáneo e clásico a un tempo, tanto na concepción do marco escénico, plasticamente dinámico, como no tratamento da personaxe principal, Lisis.

A protagonista interpela ás sombras das esfinxes na evocación da infancia perdida, da emoción inocente do primeiro amor e dos desexos inefábeis que nela producía “aquela canción que falaba do mar”. Mais a súa voz, con convición e sen amargura, establece unha intensa comunicación co espectador cando expresa os sentimentos e reflexións que proporciona a elección dun camiño persoal autónomo e incerto.

Lisis, rebélase diante do destino que lle agarda e que lle deseñaron. Unha actitude vital que devén na procura de instantes de plenitude efémeros que se esvaen tan de présa como as ondas do mar borran as pegadas humanas deixadas sobre a area.

Adaptación e dirección de Lino Braxe. Interpretada por Sabela Hermida, Isabel Blanco, Amalia Gómez, Rita Gasalla, Manuela Varela, Rebeca Montero, Sol Mariño, Ana Rodríguez, Javilópez, Pedro Picos e Xosé Bonome.

No Teatro Colón, o mércores, 23 de Maio de 2018 ás 20:30

Prezo: desde 4 a 10 €

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies