07

Feb

patrimoniogalego.net. Un catálogo social do patrimonio cultural de Galicia

19.30 h

patrimoniogalego.netSoledad Felloza, integrante do proxecto A Enciclopedia do Patrimonio de Galicia falará sobre patrimoniogalego.net, un Sistema de Información Xeográfica (SIX). O obxectivo é elaborar un Catálogo Social do Patrimonio Cultural galego, estruturado por comarcas, concellos, pero no que tamén podes recuperar a información por tipo de ben cultural, por cronoloxía… É como unha Wikipedia do Patrimonio. Un dos grandes problemas do Patrimonio Cultural en Galicia é que non sabemos o que temos. A información conséguese mediante trámites burocráticos e moitas veces está incompleta ou é errada.

patrimoniogalego.net permítenos saber que Bens Culturais existen en Galicia e en que estado se atopan. Calquera pode dar información sobre o estado dun ben concreto.

Xornadas Patrimonio e Memoria

7, 14, 21 e 28 de febreiro de 2019

A actividade é de entrada libre para todo o público. Solicitada a homologación á Consellaría de Educación por 8 horas lectivas polo que os/as ensinantes asistentes, terán dereito a certificado homologado. Para iso deben inscribirse na web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, apartado de formación. Hai unha reserva máxima dun 30% para docentes en paro.

Organizan:

  • AS-PG
  • A.C. Alexandre Bóveda

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies