23

Nov

Reflexions sobre a pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas tradicionais

19.30 h

PRAZAS ESGOTADAS!

Branca Villares e Pablo PintorO luns 23 de novembro, ás 19.30 horas, no noso local, teremos unha charla-concerto: Reflexións sobre a pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas tradicionais, con Branca Villares e Pablo Pintor. Trátase dunha actividade feita en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.

Branca Villares reflexiona sobre o crucial papel que as mulleres xogaron na transmisión oral de cantigas, contos, saberes e coidados e outros elementos clave que conforman a nosa identidade cultural.

Participou cun grupo de mulleres nun traballo de revisión e detección de elementos presentes na tradición musical que representan a violencia contra as mulleres, e o xeito de tratalos. Nese proceso de reflexión e análise, preocupáronlles especialmente dous aspectos:

  • A incomodidade da idea de perpetuar co noso facer a impunidade da violencia contra as mulleres. Intuíron que reproducir textual e descontextualizadamente parte deste legado herdado, dalgún xeito normalice esta denigración e o maltrato.
  • A pouca visibilización e importancia que se lle outorga ás mulleres que realizaron (e realizan á transmisión oral de coñecementos). Cando se pon en valor este patrimonio, adoitan ser homes quen o capitalizan, divulgan e gozan de recoñecemento.

Este traballo non consistiu nin en xulgar nin en censurar o patrimonio herdado, senón que foi unha reflexión conxunta e continuada sobre os contextos nos que estas cantigas xurdiron.

Branca Villares estará acompañada por Pablo Pintor, á zanfona e clarinete.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies