22

Xul

Presentación de “O pensamento político de Ramón Piñeiro”

19.30 h

Pensamento Político de Ramón PiñeiroO luns 22 de xullo, ás 19.30 h, Serxio María Rodríguez vai presentar a súa obra O pensamento político de Ramón Piñeiro, publicado pola Editorial Galaxia.

Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa “batalla cultural” pola definición do paradigma nacional, transcende os lindeiros de ser unha personalidade histórica para facer, a partir do seu apelido, a catalogación dunha cultura política: “piñeirismo”.

O pensamento político de Ramón Piñeiro vén ser unha contribución á agra do pensamento político en Galicia, que non pretende prescribir, senón entender. Entender, para que hoxe poidamos darlle outra volta máis sobre como queremos que sexa a Galicia do futuro.

O autor estará acompañado polo historiador Emilio Grandío. 

Serxio M. Rodríguez Álvarez é politólogo e historiador especializado en historia política e do pensamento galeguista, particularmente centrado na figura e legado intelectual de Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia. A súa traxectoria académica afonda na análise do nacionalismo galego e a súa evolución no século XX, cunha perspectiva crítica e rigorosa. É autor de artigos académicos e divulgativos e colaborador en medios de comunicación, ademais de activo divulgador da historia do Couto Misto.

Esta actividade faise en colaboración co Instituto Xosé Cornide.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies