15

Mai

Arquitectura ao servizo da sociedade

19.30 h

O luns, 15 de maio, ás 19:30 horas, estará connosco Teresa Táboas, quen dará comezo ao ciclo de palestras Pensando o futuro, cunha palestra co título Arquitectura ao servizo da sociedade.

O cambio climático acelerado, no que a fraxilidade do planeta é cada vez máis evidente. As desigualdades económicas persistentes por un problema crónico non resolto na equidistribución da riqueza, e que vai in crescendo, provocando unha maior fragmentación social, e grandes movementos migratorios. O extremismo político que está levando a moitas sociedades con democracias en principio sólidas, a un punto de crise aguda. Os avances veloces en materia de comunicación dixital, da intelixencia artificial ou da biotecnoloxía, que conlevan evidentemente un grande potencial, pero tamén plantexan problemas éticos e mesmo de gobernanza. Porque non esquezamos que os avances tecnolóxicos teñen un historial irregular de contribución á prosperidade do ser humano e do planeta.

Teresa Táboas é Doutora Arquitecta, cunha grande preocupación por tentar atopar solucións aos problemas que ten o tempo histórico no que lle tocou vivir. Di que todos os días se pregunta o mesmo: “De qué maneira podo axudar a construír unha sociedade mellor e máis xusta dende o exercicio da miña profesión?”.

O ciclo PENSANDO O FUTURO é un ciclo de pensamento con cinco voces diferentes que quere ser un xeito de contar o mundo. Cinco voces para contar o presente e imaxinar o futuro, para denunciar relatos hexemónicos impostos, para crear conciencia de necesidades e dereitos.

Durante cinco luns de maio e xuño, sempre ás 19:30 h dialogaremos con:

  • Teresa Táboas (15 de maio)
  • Mercedes Peón (29 de maio)
  • Neves Brisaboa (5 de xuño)
  • David Rodríguez (12 de xuño)
  • Carlos Taibo (19 de xuño)

Se desexas asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies