15

Xan

No corazón da neve: a industria do xeo en Galiza durante a Pequena Glaciación.

19.30 h

Tito Concheiro

Actividades XANEIRO 24 ACAB – 1

O luns, día 15 de xaneiro, ás 19.30 h, teremos con nós ao arqueólogo Tito Concheiro cunha charla ben invernal e con datos inéditos dunha das últimas escavacións que dirixiu, a das neveiras de Fixó no Concello de Forcarei.

Poderemos saber máis dun comercio e unha actividade económica moi descoñecida. As Neveiras de Fixó, datadas no século XVII, eran explotadas polos monxes do Mosteiro de Aciveiro, que obtiñan delas unha das súas principais fontes de ingresos. 

As primitivas neveiras galegas foron presumiblemente edificadas por iniciativa de diversos mosteiros do Císter durante os séculos XII e XIII, aínda que o seu máximo apoxeo en canto á produción e comercialización da neve e do xeo prodúcese a finais do século XVI e comezos do XVII. O seu consumo foise incrementando ao longo deste século ata xeneralizarse por completo no século XVIII.

Tito Concheiro é licenciado en Prehistoria e Arqueoloxía pola USC. Desenvolveu intervencións arqueolóxicas por toda Galiza, dirixindo os proxectos de escavación e conservación no Castro do Achadizo (Boiro), Castros de Punta Neixón (Boiro), Castro de Baroña (Porto do Son), Castro das Barreiras (Vimianzo) e asentamento aberto de Valdamio (Os Riós).

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies