14

Feb

Perigo! Os museos inclusivos transforman sociedades e territorios

19.30 h

Museos inclusivosPresentado por Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

O museo “foi”  a institución privilexiada dunha clase determinada, o espazo onde se conservou o coñecemento e a historia “oficial”, e, aínda que isto mudou debe mudar aínda máis. Temos por diante o reto de reformular a institución en clave de diversidade e igualdade. Debemos profundar na idea dun patrimonio, dun museo expandido, aberto, flexíbel, dinámico e accesíbel á expresión humana: aspiramos a traballar en rede en contornas compartidas. Un novo museo chegou para quedar, un museo traballando e pensando no común, no que as obras, os coñecementos, os obxectos son de todos e todas, para xerar un espazo no que ninguén sexa excluído.

Xornadas Patrimonio e Memoria

7, 14, 21 e 28 de febreiro de 2019

A actividade é de entrada libre para todo o público. Solicitada a homologación á Consellaría de Educación por 8 horas lectivas polo que os/as ensinantes asistentes, terán dereito a certificado homologado. Para iso deben inscribirse na web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, apartado de formación. Hai unha reserva máxima dun 30% para docentes en paro.

Organizan:

  • AS-PG
  • A.C. Alexandre Bóveda

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies