24

Feb

Presentación de “Personaxes da Galiza Medieval”

19.30 h

Personaxes da Galiza MedievalO venres, 24 de febreiro ás 19.30 h, a AC O Galo presenta no noso local da rúa Santo André, a monografía Personaxes da Galiza Medieval.

É innegábel que, no referido a Galiza, cada vez máis persoas inquiren sobre acontecementos que ocorreron aquí ou sobre realizacións que se fixeron aquí durante a Idade Media; que se preguntan a que obedece que no ensino se pase por derriba, ou se agoche, a historia propia da Gallaecia. Así mesmo é incuestionábel que aumentou moito a xente que se interroga sobre a causa da deturpación do sucedido na nosa terra en etapas anteriores ou que reclama explicacións de por que os nosos democráticos gobernantes seguen a propiciar que nas diversas tipoloxías da prensa, nos textos educativos e na investigación, se pase por alto ou se presente a nosa historia como un apéndice da de Castela e logo da do Estado español.

Con esta monografía, volta esparexer a importante capacidade de decisión e de intervención política existente no reino de Galiza durante medievo. Os tres bispos, tres arcebispos e catro nobres seleccionados, son mostra do poderío galaico.

Ilduara, Rosendo, Cresconio, Diego Peláez, Pedro Froilaz, Diego Xelmírez, Estevo Fernández de Castro, Fernán Rodríguez de Castro, Pedro Soarez de Deza e Pedro Muñiz, foron os elixidos para este libro. Foi unha escolla difícil e feita sabendo que dentro dela, sen dúbida ningunha, debían figurar as xentes do común.

Participarán na presentación:

  • Francisco Rodríguez Sánchez, investigador.
  • Xosé Miguel Andrade Cernadas, profesor de historia medieval na USC.
  • María Antonia Pérez Rodríguez, presidenta da AC O Galo.
  • Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña.

As persoas asistentes levarán de agasallo este libro editado pola AC O Galo grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña.

Se queres asistir, envianos os teus datos a través deste cuestionario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies