12

Set

A pescaría: historias e sinestesias

19.00 h

Carros fronte á Casa ParedesO luns 12 de setembro faremos un percorrido pola Pescaría, coa guía de Carmela Galego, historiadora da arte e divulgadora.

O vento mareiro deixa na Pescaría un olor a océano que case se pode tocar. Brétemas envoltas en olores e sabores, o son dunha gaita misturándose co das badaladas. Neste roteiro faremos unha viaxe sensitiva a distintos momentos históricos dun dos barrios máis senlleiros da cidade. De muralla a muralla.

Este roteiro forma parte do ciclo Pasear para aprender que facemos todos os luns de setembro.

Sairemos ás 19 horas, desde a Praza de Pontevedra, diante da escultura da pomba, para chegar á de María Pita onde nos agardará unha peza musical final.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies