O martes 25 de abril, ás 18 h, realizaremos unha visita guiada á exposición Picasso branco no recordo azul no museo de Belas Artes.
A exposición Picasso branco no recordo azul. A Coruña 2023 é unha oportunidade única para que o público se achegue á obra de Pablo Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi crucial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Esta mostra analiza como a etapa coruñesa foi transcendente no seu futuro e como foi esencial nos temas e iconografías de etapas posteriores.
A visita explícanse os contidos da mostra, a través das diferentes seccións propostas polos comisarios: Academia e clasicismo, realismo, paisaxe, caricaturas, retrato, cubismo, grandes mestres, mosqueteiros e o pintor e a súa modelo.
A duración aproximada a visita é unha hora.