17

Xul

Picasso galego

19.30 h

PicassoO luns 17 de xullo, ás 19.30 h, o xornalista e investigador Rubén Ventureira falaranos do Picasso galego.

Pablo Picasso viviu na nosa cidade entre 1891 e 1895. Pódese afirmar que aquí iniciou a súa formación académica e asumiu a súa condición de artista. El mesmo ten declarado que os anos na Coruña foran cruciais para o desenvolvemento da súa pintura e para chegar a ser o artista que foi.

Rubén Ventureira (A Coruña, 1971) é máster en xornalismo, xestor cultural e comisario de exposicións. Foi coordinador do evento A Coruña. 120 anos despois (2015), dedicado á etapa coruñesa de Picasso e que constou de seis exposicións, entre elas O primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895 (Museo Bellas Artes de A Coruña, 2015), mostra da que foi membro do comité técnico e codirector do catálogo. Nos últimos anos foi comisario, entre outras, das exposicións Gumersindo Pardo Reguera. Inspirador de Picasso (Museo Provincial de Lugo, 2016; Palexco, A Coruña, 2017); Picasso visto por Edward Quinn (Museo Picasso de Buitrago de Lozoya, Comunidad de Madrid, 2017); Picasso. A formación dun xenio (Yuely Art Museum, China 2018) ou, xunto a Antón Castro e Malén Gual, “Picasso branco no recordo azul” (Museo de Belas Artes da Coruña, 2023). É autor, xunto a Elena Pardo, dos libros Picasso Azul y Blanco. A Coruña: el nacimiento de un pintor (2014) e Picasso, Ramón Pérez Costales y el Colegio de Médicos (2019). Ademais, publicou diversos artigos sobre Picasso en varios catálogos e foi secretario e relator dos cursos de Picasso na Coruña, 1891-1895 (Universidad Internacional Menéndez Pelayo), en 2013 e 2014.

Se tes interese en asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies