30

Nov

Pílulas de (T)alento

11.00 h

Pílulas de (T)alentoO sábado, 30 de novembro, desde as 11 ás 13.30 h (máis ou menos), no noso local, presentámosvos a I edición de PÍLULAS DE (T)ALENTO. E preguntaredes que é iso? Pois xa sabedes, cando hai dúbidas o mellor é botar man do dicionario:

Pílula.- substantivo feminino. En farmacoloxía, forma farmacéutica sólida, redonda de administración oral, pouco usada dende a aparición dos comprimidos e cápsulas. As pílulas son de preparación artesanal na que se mesturan os ingredientes activos con excipientes.

Talento.- substantivo masculino. Especial capacidade intelectual ou aptitude que unha persoa ten para aprender as cousas con facilidade ou para desenvolver con moita habilidade unha actividade.

Alento.- substantivo masculino. Capacidade e valor para levar algo a cabo. A túa axuda dáme alento. Encheremos Galiza de novo alento. Sinónimos ánimo, azo, folgo…

Agora xa está claro, verdade?

Nove propostas moi diferentes, con nove persoas moi singulares para nun tempo moi curto (13 minutos!) contar unha experiencia, un saber, un desexo…

A actividade é de balde mais é necesario que te inscribas a través do formulario que tes abaixo. Non esperes moito, que logo non nos quedan prazas!

  • Soñar en galego con Manel Cráneo
  • O outro lado do poema con Lucía Aldao
  • 01/01/2019. Un antes e un despois con Alba Rodríguez Carrera
  • A desaparición da noite con Martin Pawley
  • Dignidade, solidariedade e humildade con Garchu de Ezetaerre
  • De Mareas Vivas a Mareas Negras con Marcos Nine
  • El gallego mola mazo  con Afra Torrado
  • A min non me preguntes, eu só vin rebolar con Aquel-e
  • Bogando na maruxía con este oficio con Isabel Risco

INSCRÍBETE XA!

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies