As cousas sinxelas constrúen o universo.
O 21 de marzo celebraremos o Día Mundial da Poesía cunha das grandes da literatura galega, Helena Villar Janeiro. Presentaremos o seu novo libro, POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY, 50 fotopoemas.
Nesta Poesía mínima, Helena Villar Janeiro, une, coa precisa harmonía, e de xeito integrador, os versos e as imaxes na percura da emoción e a esencialidade. Nesta edición trilingüe -galego, castelán e inglés- a cargo de Alvarellos, a autora ofrece un libro singular onde a palabra, ordenada a xeito de haikú, dialoga con fotografías da propia autora.
Intervirán a autora e o editor, Henrique Alvarellos.