22

Feb

Presentación de “Poetas na Cociña III”

19.30 h

Libro Poetas na cociñaO mércores 22 de febreiro ás 19.30 h preséntase no noso local o libro Poetas na Cociña III.

Poetas na Cociña nace, cando a pandemia, coa idea solidaria de axudar a recadar diñeiro para a Cociña Económica da Coruña. Poetas que queren comprometerse ao ver medrar a cantidade de xente que se achegaba todos os días pola porta de tan centenaria institución.

Un fato de poetas, coñecidos do antólogo Luciano Rodríguez, póñense de acordo para editar un libro, os gastos de edición son sufragados por eles propios, para que o libro sexa vendido ao prezo de 10€ (dez euros) e que a devandita cantidade vaia directamente e integramente parar á Cociña Económica.

Chégase este ano á terceira edición, a primeira totalmente esgotada, a segunda con algúns exemplares pendentes de vender e esta terceira en plena venda.

Participan neste poemario: Carlos Abeledo, Francisco X Fernández Naval, Armando González, Xulio L. Valcárcel, Olga Patiño, Henrique Rabuñal, Ana Ramil, Luciano Rodríguez, Xavier Seoane, José Carlos Ulloa García, Diana Varela Puñal, Eva Veiga e Montserrat Yoldi Sanmartín.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies