05

Abr

Polavila Xabier P. Docampo. Na memoria

19.00 h

Polavila DocampoO venres, 5 de abril, o Fórum Metropolitano da Coruña será o escenario dunha xornada de homenaxe ao escritor Xabier P. DoCampo.

Este evento está organizado pola AELG, a Iniciativa Polavila+Docampo, e o Concello da Coruña, e nel colaboran a asociación galega do libro infantil e xuvenil (GALIX) e a agrupación cultural Alexandre Bóveda.

Os actos desenvolveránse de acordo co seguinte programa:

19:00 – 19:45 horas: Catro cartas, lectura pública e continuada deste libro a cargo de amizades de Xabier Docampo, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.

20:00 – 22:00 horas: Gala Polavila Docampo. Auditorio Fórum Metropolitano

Estará conducida por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco. Contará coa presenza dos membros da Xeración Lamote: Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín. Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Antonio García Teijeiro e Antía Otero. Lecturas de textos de Xabier por parte dalgunha das súas amizades Francisco Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco. Rematará a gala cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, María da Pontragha, Antonio Reigosa e Paula Carballeira. A música correrá a cargo da cantora Uxía.

A biblioteca do Fórum Metropolitano organiza actividades desde ás 18 h:

18:00 – 18:15 horas: apertura da Polavila, da exposición bibliográfica sobre Xabier Docampo e das adhesións recibidas de bibliotecas escolares, no vestíbulo do Fórum Metropolitano.

18:30 horas: Vouche contar un conto, sesión de contacontos para público familiar con nenas e nenos de 5 a 8 anos, na sala infantil da biblioteca.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies