03

Xuñ

Política, medios e fake news

19.30 h

Antón LosadaO luns 3 de xuño, ás 19.30 h, falaremos de política, medios e fake news.

O politólogo Antón Losada falaranos, dentro do ciclo Pensando o futuro, de como está cambiando a maneira de facer política e de informar e informarse sobre ela nas sociedades dixitais dos século XXI e os desafios que eso supón para a democracia tal e como a coñecemos.

Antón Losada, xornalista e comentarista político, é profesor titular de Ciencia Política no departamento de Socioloxía e Ciencia Política da USC. Participa en diversos parladoiros radiofónicos da Cadena SER e colabora en diferentes xornais. É investigador principal no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais e é membro do Consello editorial da revista Luzes.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies