23

Out

Precisamos de medios de comunicación públicos?

19.30 h

Anxo QuintelaO luns 23 de outubro, ás 19.30 h, continuamos co ciclo Pensando o Futuro, coa participación de Anxo Quintela, quen nos ofrecerá unha palestra baixo o título de Precisamos de medios de comunicación públicos?

O vello ideal duns medios públicos de comunicación semella máis necesario ca nunca para facer fronte ás ameazas que pairan sobre as sociedades democráticas. Porén, a realidade dos medios públicos é cada vez máis precaria e a súa misión máis cuestionada. Que nos impide dispoñer en Galicia duns medios públicos independentes, veraces e plurais? A resposta non é tan obvia como parece…

Anxo Quintela (Vigo, 1960) é xornalista. Traballou en Video Voz, a Televisión de Galicia e na actualidade faino na Radio Galega. Entre 2003 e 2006 dirixiu o xornal electrónico Vieiros. Foi Premio Nacional de Xornalismo Cultural en 2019.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies