O luns día 5 de outubro, ás 20 h, presentamos A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo, unha obra editada polo Concello de Pontevedra que fai un percorrido polo vida e pensamento da que foi compañeira de vida de Castelao.
Virxinia Pereira mantivo sempre un compromiso, compartido co seu home, en defensa de Galiza. Montse Fajardo reconstrúe o pensamento e a loita desta muller combativa, contra o fascismo e na defensa do pobo galego, mais moi invisibilizada durante décadas.
PRAZAS ESGOTADAS!