28

Feb

Presentación da colección MULLER(ES) DE PALABRA

19.30 h

Muller(es) de palabraRelatoras: Mercedes Queixas Zas, secretaria da AELG e Encarna Otero, profesora e estudosa da vida e obra de moitas mulleres.

Neste caso, ábrese a colección con  tres mulleres de pensamento, obra e acción que traballaron polo progreso, a igualdade e unha sociedade máis xusta.

Mercedes Romero Abella. Tiña 29 anos, nai de dous fillos pequenos e foi violada e torturada. Cortáronlle os peitos, antes de ser asasinada.

Elvira Bao, mestra no hospital de Oza e activa militante do galeguismo  e membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933, editora xunto co seu home Bernardino Varela do que moi probablemente sexa o primeiro libro para crianzas, aquel “Contos pra nenos” de 1921.

María Miramontes unha muller que non foi mestra, foi costureira… mais non se pode falar de escolas e de ensino sen falar de María Miramontes, animadora e impulsora das escolas de ensino galego e das editoriais Lar e Nós. Ela representa como ninguén esa mocidade curiosa e con vontade de saber.

Xornadas Patrimonio e Memoria

7, 14, 21 e 28 de febreiro de 2019

A actividade é de entrada libre para todo o público. Solicitada a homologación á Consellaría de Educación por 8 horas lectivas polo que os/as ensinantes asistentes, terán dereito a certificado homologado. Para iso deben inscribirse na web da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, apartado de formación. Hai unha reserva máxima dun 30% para docentes en paro.

Organizan:

  • AS-PG
  • A.C. Alexandre Bóveda

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies