04

Nov

Presentación da revista “Mazarelos”

18.30 h

revista mazarelosO sabado 4 de novembro, ás 18.30 h, na cafetería do Circo de Artesáns, presentamos o número 11 da revista Mazarelos. Novos relatos da Transición medio século despois.

Esta revista forma parte do proxecto Mazarelos,  un proxecto colectivo para divulgar e poñer en valor a Historia e as Ciencias Sociais na rede. Quere ofrecer novas visións, formular novas preguntas e promover a reflexión nas redes e na rúa. A súa actividade céntrase en tres campos de actuación que se complementan: a páxina web mazarelos.gal, a revista en papel Mazarelos: revista de Historia e Cultura e o apartado audiovisual.

O que este sábado se presenta, a revista Mazarelos: revista de Historia e Cultura é unha publicación cuatrimestral en formato físico. En cada número queren levar ás librarías galegas temáticas e abordaxes diferentes, que ofrezan respostas pero, sobre todo, que formulen novas preguntas e inviten á reflexión.

O primeiro número publicouse en xaneiro de 2020 e van xa 11 números publicados.

Estarán nesta presentación Arturo Real López, historiador e autor do artigo De camelias, mocións e emocións: memoria e relato da transiciónBrais Ferreiro Ares, historiador e editor da revista, e Carmela Galego, vicepresidenta da asociación cultural Alexandre Bóveda.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies