09

Out

Presentación de “A Pioneira” de Héctor Pena

19.30 h

A PioneiraO luns 9 de outubro ás 19.30 h preséntase no noso local A Pioneira de Héctor Pena.

De Ester din que é unha “marimacho”. Tamén lle chaman “muller hombruna”. E só porque lle gusta xogar ao fútbol. Ou, quizais, porque o seu corazón non latexa ao ritmo que dita a sociedade. Talvez é moito pedir para A Coruña de hai cen anos. Loitar contra todo e contra todos para facer realidade os seus soños é a súa razón de ser. Pero a Guerra Civil e a represión do fascismo poden ser un muro demasiado duro que superar. Ou non. Porque a “roja acérrima” que vían as autoridades convértese nunha pioneira e un exemplo para as mulleres de alto risco. Empacadoras, atadoras, pescantinas e proletarias da industria pesqueira que se botaron ás rúas para opoñerse ao novo Réxime do 18 de xullo. Un camiño de sororidade tecido a través dunha rede de protección fronte aos bechos, o frío, a fame e os inimigos da liberdade. E co balón nas cabeza, nos pés e nas mans da gardamallas.

Héctor Pena é xornalista e historiador e doutorando en Turismo Deportivo na Universidade de Vigo. Coruñés de adopción, viuse fascinado desde a súa primeira infancia polo fútbol, en particular, e polo deporte, en xeral, unha paixón que plasma cada día nas páxinas de Nós Diario desde o primeiro número do xornal, lanzado o 2 de xaneiro de 2020. Antes, escribiu e colaborou en medios como DXT Campeón, O Dez ou Xornal de Galicia. En 2021 comisariou a exposición de Vía Galega Galiza, un pobo, unha selección, a maior mostra sobre deporte galego até o momento, escribindo ademais o guión do documental e dirixindo a revista e o xornal homónimo. Gañou o Premio Johán Carballeira de Xornalismo (2023) pola súa Historia inacabada do deporte galego, publicada en Nós Diario. É autor de Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete.

Acompañarán ao autor Fran Alonso, director de Xerais e Noela Rey, xornalista de El Ideal Gallego.

Se tes interese en asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies