Tiveron que aliñarse de novo as estrelas na noite de Suso, o seu hábitat natural, para que a verdade descarnada poidera ser exposta á predicible sensibilidade dos lectores sen provocar unha desfeita emocional, chegou entón, Caída, este poemario que nos ocupa e que tan ben describe Xaime Trillo nun exquisito limiar onde di, sen ningún tipo de dúbida, “Que todo arda” sentencia o poeta ao pé do precipicio contemplando a derrota, falando de si mesmo e de nós. E a nós só nos queda darlle a beizón por esta experiencia do mundo, por este fulgor que nos ilumina.
Suso Bahamonde volve á Coruña, esta cidade implícita no seu ADN, traéndonos o seu último traballo. Caída expandirase sobre do óxido das flores da tarde no serán do vindeiro 27 de xuño cando, como dixo María Castelo Lestom “E a poesia se fez homem e se chamou de Suso Bahamonde”.
Intervirán, ademais de Suso Bahamonde, os poetas José Vázquez Liste e Miguel Queipo Salvande, e a música de Gonzalo Bahamonde.