19

Dec

Presentación de “Cantar na Coruña”

20:00 h

Xosé Manuel Sánchez Rei presenta a súa obra Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX editado por Laiovento. Unha edición de máis de catrocentos cantares tradicionais galegos. Foron compilados durante os séculos XVIII e XIX, na súa maioría na comarca da Coruña, e van precedidos dun estudo introdutorio de forma a situalos cultural, histórica e lingüisticamente. Estes textos, alén de daren a coñecer unha parte do rico patrimonio inmaterial do país, xurdido e transmitido co pasar de xeracións, servirán non só para nos aproximarmos dos modos de vida das galegas e dos galegos da época, mais tamén para sabermos máis un pouco sobre o estado da lingua naquela altura e, igualmente, para recuperarmos desde a actualidade unha forma de manifestación artístico-literaria e de lecer de tanta raizame na Galiza.

Cantar na Coruña

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies