16

Feb

Presentación de Clara Corbelhe

19.30 h

Clara CorbelheO ano 2021 nacía o Espaço Clara Corbelhe, que daría de si un portal dixital e unha revista co mesmo nome. A entidade nace coa intención de producir e divulgar contidos críticos e analíticos de temas de actualidade relacionados co país, a súa identidade e os conflitos políticos que nel abrollan. Así mesmo, en setembro de 2022  organizou en Pontevedra a primeira edición das Xornadas de Estudo Clara Corbelhe, pensadas como lugar de encontro anual para investigadoras e activistas sociais.

O seu consello de redacción publica quincenalmente un artigo dixital e anualmente unha revista en papel. No seu segundo número, distribuído en decembro de 2022, centran as súas análises no papel da intelectualidade e das institucións culturais galegas.

O día 16 de febreiro ás 19.30h, David Castro e Borxa Colmenero, membros do seu consello de redacción, realizarán unha presentación dos contidos do exemplar e dos proxectos de futuro de Clara Corbelhe.

Se queres asistir a este acto, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies