28

Out

Presentación de “Deixádenos remar”, de Ana Cabaleiro

19.30 h

Deixádenos remarO xoves, 28 de outubro, ás 19.30 h, presentaremos a novela de Ana Cabaleiro, Deixádenos remar, finalista do Premio Xerais de Novela 2020.

Deixádenos remar é unha novela que ficciona a loita de clases, as aspiracións da xente do común –entendida como clase traballadora–, a vida diaria nunha área periurbana e algunhas das problemáticas máis acuciantes da sociedade actual. Así, o desemprego, as ansias de éxito, a precariedade laboral e sentimental, as obrigas familiares, o sentido de comunidade e de pertenza, os coidados ou a ecoloxía danse cita nun cúmulo de pequenas historias que conforman a vida dun arrabalde que se ve ameazado tras o asentamento dunha urbazinación habitada por familias adiñeiradas. Cunha estrutura fragmentada e coral, narrada sempre en primeira persoa, en Deixádenos remar falan as veciñas, falan as paredes e os muros, e fala o propio barrio como unha voz colectiva.

Para participar, cómpre inscribirse mediante o seguinte formulario:

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies