21

Xuñ

Presentación de “Fronteira Paraíso” e “Tren”

20.00 h

O venres 21 de xuño, ás 20 horas, no noso local presentaranse os libros Fronteira Paraíso, de Silva Penas Estévez, con fotografías de Jesús Andrés Tejada e Tren, de Moncho Iglesias Míguez, de Editora Uratau.

Fronteira Paraíso
Fronteira Paraíso.

Fronteira ParaísoSilvia Penas Estévez, con fotografias do Jesús Andrés Tejada.

A casa tiña un xardín de medio lado
e había flores,pero comíalas,
quedaban os talos, as espiñas.
Había tamén un can que aproveitaba as espiñas
e recibía golpes se roubaba algo da mesa;
as demais persoas á mesa comían de min.
Durante o día era engulida sen ser vista,
por iso, mesmo que quixeses,
non podías pronunciarme.

É un proxecto literario-musical de Cintaadhesiva: Disciplinas como poesía, música, videoarte e posta en escena reméndanse unhas ás outras nun espectáculo pensado para o directo, para acción, pois xorde da intención de apelar á escoita e á visión pero tamén a outras partes sensibles e sensoriais do corpo de maneira que o que se produza sexa unha «vivencia».

Podedes ver a súa canle en Youtube

Tren
TrenTren

Moncho Iglesias Míguez

O desxeo dunha nube cando hai marea
A menstruación dunha montaña a desembocar en barco
O faro fundido dun altar de auga doce
A procesión dos vimbios dunha canastra
radiografía de gretas debuxada con pluma de gaivota afónica

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies