21

Out

Presentación de “Idioma e sociedade” de Xosé Ramón Freixeiro Mato

19.30 h

Idioma e sociedadeO xoves 21 de outubro, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro de Xosé Ramón Freixeiro, Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega, editado por Laiovento.

Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega, do catedrático de Filoloxía Galega na UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, constitúe unha valiosísima e novidosa achega á reflexión académica sobre os vínculos entre recuperación e promoción social da lingua e o valor desta no seo da sociedade. Ao longo das case trescentas páxinas que lle dan forma, o autor vai analizando temas de actualidade no panorama sociolingüístico da Galiza como o proceso de planificación lingüística, a posibilidade do binormativismo, o simbolismo da norma, a variación lingüística e a interferencia, as modalidades de galego, a calidade da lingua, a relación entre lingua oral e lingua escrita ou os diferentes discursos sobre a normalización (identidade, monolingüismo e plurilingüismo, bilingüismo e asimilación, sesquilinsgüismo e imperialismo lingüístico etc.). Trátase, en síntese, dunha obra fundamental no campo dos estudos sobre planificación lingüística que vén sumarse a outras igualmente da autoría de Freixeiro Mato que tamén se ocuparon, desde outros ángulos, da relación entre lingua e sociedade.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies