05

Mar

Presentación de “Invisibles. Relatos do maltrato”

20.00 h

InvisiblesMontse Fajardo presenta Invisibles. Relatos do maltrato. As historias de sete mulleres que sufriron o maltrato en cada una das súas vertentes, non só na física. Algunhas destas mulleres viviron para contalo, outras non. Aquí estan as historias de Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña, contadas a través de pequenos fragmentos que ben poderían servir para falar da violencia que se exerce sobre as mulleres. Invisibles non é un libro de ficción, é a realidade que tantas veces se invisibiliza a que aquí se nos amosa para crear un relato duro cheo de dor, violencia e morte en tantas ocasións.

A autora estará acompañada de Carme Fouces, Concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra.

Título: Invisibles. Relatos do maltrato
Autora: Montse Fajardo
Ano de publicación: 2017
Editorial: Edición Matriarcas

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies