21

Dec

Presentación de “Luísa Villalta. Alma de violino”

19.30 h

Luísa Villalta. Alma de violinoO xoves 21 de decembro, ás 19.30 h, presentaremos no noso local o libro Luísa Villalta. Alma de Violino, de Beatriz Maceda e Eli Ríos, con ilustracións de Laura Suárez, editado por Xerais.

Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu os vimbios dunha sociedade equitativa e igualitaria. Nesta biografía ilustrada, mergullamos nalgunhas das palabras e das músicas que ela ceibou ao vento para achegarnos a unha muller tan polifacética como fascinante.

Na presentación estarán presentes as autoras, Beatriz Maceda e Eli Ríos, acompañadas pola presidenta de ACAB, María Xosé Bravo.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies